CRTVG

Buscar

Bamboleo

Programa 83

28/03/2015 22:00 h

Nesta etapa, o programa chega cargado de novidades, como a estrea de escenario e decorado e a posta en marcha de novas e divertidas seccións. 

O que non cambia é a presenza das mellores orquestras de Galicia, que farán vibrar cada semana a un público entregado. Ademais, como foi habitual noutras temporadas, “Bamboleo” terá como convidados os artistas máis coñecidos do panorama nacional e tamén novos valores da música galega. E, polo medio de todo isto, Piñeiro iniciará xogos co público do programa, onde calquera cousa é posible.

Nesta primeira edición da nova temporada, o espazo da TVG estrea as seccións “A Jrileira”, en que persoas do público competirán cantando con karaoke; e “Quen quere casar con...?”, onde un solteiro/a terá que escoller parella a cegas, coñecendo só os seus futuros sogros/as e as súas contestacións. Ademais, en “O tempo xusto”, os colaboradores do programa proporanse os retos máis difíciles.

Polo demais, “Bamboleo” conserva seccións como “Agora ou Nunca”, onde cantantes non profesionais seguirán dándose a coñecer ao público; “Canción dedicada”, coas persoas maiores e as súas historias de amor como protagonistas; “A ITV do amor”, o clásico das parellas; e “Dirtidansi”, con parellas de distintas xeracións bailando no escenario.

No seu reencontro cos espectadores galegos, o programa ofrecerá as actuacións da orquestra Cinema; do popular cantante francés Georgie Dann, un artista querido pola súa simpatía e sinxeleza e coñecido como o rei da canción do verán; e do artista galego Brais Morán, líder da banda Loretta Martin, que agora presenta o seu proxecto en solitario, un universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis directa de transmitir.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: