CRTVG

Buscar

Sen barreiras

Gelines, lavanderías Ilunion, ASPAS e Iván Montero

14/03/2017 11:45 h

A inserción laboral é unha das cuestións pendentes para as persoas con diversidade funcional pero neste capítulo de “Sen Barreiras” coñecemos un grupo empresarial que ten como núcleo da súa filosofía a creación de emprego para este colectivo. Trátase da rede de lavandarías industriais canaria Ilunion Lavanderías, que ten un establecemento en Santiago de Compostela, onde teñen claro que o mellor xeito de traballar é creando un ambiente familiar.

O programa achégase á asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual Aspas, que propón un modelo educativo que foxe da excesiva protección e traballa pola autonomía. Ademais, coñecemos a Gelines, unha muller activa que durante anos traballou no seu quiosco; e a Iván Montero, un amante do ciclismo que ten claro que cada un debe loitar polo que lle gusta sempre cun sorriso.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: