CRTVG

Buscar

Naqueles tempos

Galicia/Portugal Encontros e desencontros

25/11/2015 00:45 h

  O 25 de abril de 1974 marca o inicio do programa desta semana de “Naqueles Tempos”, que describirá o ambiente posterior á chamada Revolución dos Caraveis en Portugal e a chegada a Galicia da música de cantautores portugueses como Zeca Afonso, Fausto, Vitorino e Sergio Godinho.
Este episodio, dedicado ás relacións entre Galicia e Portugal, prescribe ademais as relacións culturais entre ambos os dous territorios, con atención ao fenómeno da “música pimba”, que ten as súas orixes nas rexións do Minho.
María de Medeiros, Pilocha, Miguel Sobrino, José Jorge Letría, Xoán Guitián, Victor Coyote, Augusto Canario “Canarinho”, Quin Barreiros, Rui Reininho, Rui Vieira Nery, Arnaldo Trindade, Uxía Senlle, Miguel A. Murado, Carlos Barros, Suso de Toro, Carlos Pazos, Márlio Barcelos, Carlos Blanco, Carlos do Carmo, Quico Paz, Xan Carballa, Ánxel Vence, Xosé Fortes, José Viale Moutinho, Vitorino, João Braga e María Zeleste son algúns dos participantes nesta entrega de “Naqueles Tempos”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: