CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Galicia caníbal (Fai un sol de carallo)

15/03/2014 20:30 h

   Todo un himno da música galega: unha desas cancións imperturbables, que segue soando igual de moderna que cando foi publicada en 1986. Co tema “Galicia Caníbal”, Os Resentidos fixéronnos cantar a todos e non só aos galegos, senón que toda España lle cantou á matanza do porco e oíu falar das filloas de sangue. Naquel vídeo da canción que fixera Xavier Villaverde, a Galicia da Movida, a máis posmoderna e irreverente, mesturábase coa máis tradicional e profunda.

   En plena Movida, no ano 1982, apareceu en escena un grupo liderado por Antón Reixa. Eran Os Resentidos, que, cantando en galego, se movían impertinentes entre o rock, o punk e a orquestra de verbena. A banda xogou co rap, co pop, co funk depresivo, coa poesía, coa ironía e co surrealismo nos sete LP que chegou a gravar durante os 10 anos que se mantivo a formación. Pero, de entre todos os seus temas, o que lle deu as cotas máis altas de popularidade foi sen dúbida “Galicia Caníbal”, que aparecía no disco “Fai un sol de carallo”.

   Unha frase, unha expresión que se cantou, desde Tarifa a Bilbao, en todos os locais onde soara música, en festas e en emisoras de radio de toda España. No verán do 86 todos cantamos o “Galicia Caníbal”. Pero que di a letra deste tema? E de onde saíu iso de “fai un sol de carallo”? “No bico un cantar” responderá hoxe a todas estas cuestións e os espectadores poderán volver escoitar o “Galicia Caníbal” de Os Resentidos e a versión de Siniestro Total. Pero tamén outras versións sorprendentes da canción, como a do grupo de pandeireteiros Maghúa, a da Magnifique Bande dos Homes sen Medo ou a do Cuarteto Egeria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: