Galegos no mundo

Capítulo 30: Malta

16/05/2012 - 22:45 h
Compartir en Facebook

Coñeceremos as historias de seis galegos que viven en Malta, un dos destinos turísticos do Mediterráneo máis atractivos, a primeira cidade de Europa que se construíu de xeito planificado e un dos lugares con maior densidade de poboación da Unión Europea. 

O programa achégase ás historias de galegos que elixiron vivir en Malta por circunstancias moi distintas, entre outras, porque ao ter como segundo idioma o inglés provoca que moita xente chegue para aprendelo. Así, a Tomás de Cozar, da Coruña, a súa formación informática levouno a traballar nunha empresa de xogos na rede; Elena Rial, de Gondomar, traballa de camareira nun restaurante céntrico da Valleta; Ricardo Rodiño, de Cambados, enxeñeiro informático e axente turístico; Carolina Pérez, que chegou coa bolsa Erasmus e comproba a mestura de culturas; Carmen Díaz, ferrolá licenciada en Xornalismo, que decidiu viaxar para ampliar coñecementos e aprender inglés traballando nunha tenda, e Pablo Ubeira, de Redondela, que se dedica á mercadotecnia en liña e que practica submarinismo na espectacular Blue Lagoon.  

 

Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí