CRTVG

Buscar

Especial Fin de Ano

Gala Fin de Ano e Badaladas: de 2017 a 2018

31/12/2017 22:00 h

Acompañado nesta ocasión de Eva Iglesias, Xosé Ramón Gayoso é o mestre de cerimonias do “Especial Fin de Ano”.

Partindo do tema “Despacito”, de Luis Fonsi, que foi unha das cancións que máis soaron en 2017, o programa xira arredor deses temas pegadizos que no seu momento marcaron época, como foron, por exemplo, “Mayonesa”, “Aquí no hay playa”, “Aserejé” e “Bailando”, entre outras moitas.

Ademais de bailar ao son destes ‘hits’, podemos gozar da música de Marta Sánchez, dos dúos Ázucar Moreno e Los Chunguitos, do ex-compoñente de Tequila Alejo Stivel, de King África, de María Jesús e o seu acordeón, de Lérica e do ídolo xuvenil Calum.

A música feita en Galicia está representada polas bandas de rock Astarot e Heredeiros da Crus, da agrupación folclórica Os da Porfía e de Treixadura, mítico grupo da música tradicional galega. Nesta festa de fin de ano, non podían faltar os ritmos das orquestras galegas máis importantes, que arrastran unha lexión de seguidores en cada unha das súas actuacións, como é o caso de El Combo Dominicano, Panorama, París de Noia, Cinema e Olympus.

Este especial inclúe as Badaladas, desde a praza do Obradoiro en Compostela, retransmitidas por Gayoso, o presentador Rodrigo Vázquez e a actriz Lucía Regueiro.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: