CRTVG

Buscar

Especial Fin de Ano

Gala Luar e Badaladas 2014

31/12/2013

 Xunto con Xosé Ramón Gayoso, que presenta a gala, está unha das familias preferidas dos espectadores da TVG, como son os protagonistas do programa “Era Visto!”, Moncho, Elvira e Kevin, que tamén se encargan das badaladas. 

 
 Pero os personaxes de “Era Visto!” non son os únicos protagonistas do fin de ano da Galega, que ofrecerá un programa especial, de case catro horas de duración, onde reinan a música, os bos desexos e a diversión. O mestre de cerimonias desta gala, Xosé Ramón Gayoso, está con dúas das caras novas que están a acompañar os telespectadores galegos esta temporada: as presentadoras dos programas “Desexos Cumpridos”, Lucía Rodríguez; e “Galicia 112”, Beatriz Pino.

 Polo escenario pasan artistas e grupos que están a despuntar no panorama español como Efecto Pasillo, Chenoa, Nancys Rubias, Henry Méndez e Fangoria. Ademais de voces galegas como Xil Ríos, Pili Pampín, Xosé Manuel Piñeiro, Lucía Pérez, Manuel DeAndrade e Tania Fuegho. O folclore e a música tradicional galega están representados por Xacarandaina e Radio Cos, entre outros. Ademais, nunha velada máis festiva, non podían faltar os ritmos das mellores orquestras da nosa terra, como París de Noia, Abanico, Marbella e Cinema.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: