CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Francisco Castro / “A cociñeira do Rei” / Reedición de “San Francisco de Asís (Siglo XIII)”

15/12/2014 21:00 h

O espazo “ZigZag Diario” recibirá este luns no estudio de gravación o escritor Francisco Castro, cuxa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Nesta ocasión, falará da novela xuvenil “Tes ata as 10”, que acaba de presentar. Libros misteriosos, vinganzas desde o Máis Alá, historias de mor que manter ocultas... Todo un mollo de asuntos nunha novela que viaxa pola historia recente de España e de Galicia, pero tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

 

Os espectadores da tvG2 tamén coñecerán hoxe outra obra para o público máis pequeno: “A cociñeira do Rei”, con textos de Soledad Felloza e ilustracións de Sandra de la Prada. Gañador do Premio de Narración Oral Cociña de Contos, este libro mergúllase no mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que se fai a lume manso, con amor e produtos frescos da terra.

 

Por outro lado, “ZigZag Diario” achegarase á reedición do libro “San Francisco de Asís (Siglo XIII)”, unha das obras máis populares de Emilia Pardo Bazán, publicada en 1882 e practicamente inaccesible na actualidade. A súa edición, a cargo de Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coincide coa celebración este ano do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela e incorpora dous valiosos documentos da célebre autora.

Atopar capítulo por: