CRTVG

Buscar

Foro Aberto

Foro aberto. 3ª temporada (09/04/2012)

09/04/2012 23:45 h

O espazo, que presenta Carlos Luís Rodríguez, abrirá cunha reflexión sobre as causas dos incendios forestais, a súa relación coa política forestal e a resposta da xustiza fronte a un delito que ocasiona graves danos ao patrimonio natural. Para esta parte do debate contarase coa presenza de Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil, e Joám Luís Ferrreiro Caramés, da sociedade galega de Historia Natural.

Doutro lado abordarase a amnistía fiscal aprobada polo Goberno do Estado para que afloren ata 25.000 millóns de euros defraudados á Facenda Público. Os convidados desta noite que aportarán as súas avaliacións neste tempo de debate serán: Pablo Acción, xefe de Informativos de COPE-Galicia; a xornalista María Méndez, o profesor de Ciencia Política Antón Losada, e o analista político Antón Baamonde.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: