CRTVG

Buscar

O fío do retrato

Cap. 7. Kukas, o xenio polifacético

28/08/2011 11:19 h

A TVG emite unha nova entrega de “Ó Fío do Retrato”, desta volta queda en Santiago para coñecer a Marcelino de Santiago, Kukas. Nas verbas de Manuel Forcadela, Kukas estivo sempre vinculado ás artes plásticas, a súa obra está chea de luz e de cromatismo, como un resorte que fai estoupar o gris da pedra granítica, a cinza da cidade levítica, para lembrarlle a alegría da vida, ben lonxe dos rigores monásticos e canónicos.

Fuxindo destes rigores, Kukas é en si mesmo un proxecto de liberdade, como home e como artista, como artesán e como monicrequeiro. Da liberdade pola que loitou na agonía do franquismo, da liberdade que segue a ser a súa peculiar bandeira romántica e cargada de soños.

Esta liberdade de pensamento e de formas que tenden a organizar un mundo de seu, está presente no refuxio de traballo onde Kukas recibe neste programa a Anxo Cabada que tecerá con el o fío dun retrato cheo de sensibilidade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: