CRTVG

Buscar

Nós - Unha viaxe pola historia

Fin de ano

29/12/2016 22:00 h

“Nós” é un programa de humor que ten como protagonistas a Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán e que se compón de catro capítulos preparados para as festas de Nadal. Este episodio arranca cunha discusión familiar na cea de fin de ano. Sentados á mesa están os Ronchas, unha típica familia galega da que todos os seus membros están interpretados por Pereiro e Touriñán.
O debate que establecen os comensais dá pé a nove sketchs, que repasan as tradicións da última noite do ano ao longo da historia de Galicia.

Comezan na prehistoria, para intercalar curiosidades como a de que  a tradición de comer as uvas vén de moi antigo, só que os castrexos empregaban landras. Touriñán e Pereiro, acompañados doutros actores como Pepe Suevos e Federico Pérez, viaxan logo ao período da Romanización; a Idade Media, onde os protagonistas son os antigos construtores de catedrais; o Novo Mundo, a época das revoltas Irmandiñas, ou os tempos dos indianos que regresaban de facer fortuna en Cuba. A súa peregrinación histórica remata no Rexurdimento, cunha conversa entre Rosalía de Castro e seu marido Manuel Murguía, a quen tamén dan vida Pereiro e Touriñán.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: