CRTVG

Buscar

Especial

Festas do Pemento de Herbón e de Arnoia 2018

07/08/2018 23:45 h

Este especial segue a senda das exaltacións dun dos produtos de horta preferidos polos galegos nas festas do pemento de Herbón e de Arnoia. 
Os famosos pementos de Padrón son de Herbón, pero os de Arnoia non quedan atrás na fama. A troula comeza na parroquia padronesa de Herbón, cuxa festa se inaugura cun desfile de tractores ata Padrón, onde fan unha ofrenda á estatua da Pementeira, no centro da vila. Ao regreso á carballeira fan entrega de premios e os asistentes degustan o popular produto nunha sesión vermú amenizada por música de gaitas e charanga. O equipo do programa aproveita para visitar o convento de San Francisco e o xardín botánico de Padrón, entre outros enclaves destacados. O pregoeiro desta edición é o compañeiro da CRTVG, Moncho Lemos.
En Arnoia, na comarca do Ribeiro, coñecemos lugares de interese turístico, como a Torre do Reloxo, viñedos, o miradoiro Coto Novelle e o balneario. Metidos de cheo na celebración, os comensais acompañan os pementos da zona tamén con viño. O popular Isi éá o encargado de dar o pregón. A festa continúa con danzas e música ata ben entrada a noite. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: