CRTVG

Buscar

Especial

Festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal

18/09/2017 22:00 h

A "Procesión das Mortallas" ou de Xesús Nazareno é unha tradición que se remonta á Idade Media e que consegue reunir cada ano milleiros de visitantes, uns por devoción e moitos por pura curiosidade.
            Neste programa especial vivirase esta festa de Interese Turístico na Pobra do Caramiñal, con especial atención á procesión de penitentes. Este desfile realízase desde o século XV, con féretros ou mortallas que se levan percorrendo as rúas da localidade desde a igrexa do Castelo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: