CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Festas de San Miguel e Festa do Mexillón de Monterroso

29/09/2018 16:00 h

Presentado por Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes, o “Aquí Galicia” estará presente nas Festas de San Miguel e na Festa do Mexillón que se celebra en Monterroso estes días. Ademais, tamén se porá o foco na cosmética natural que se elabora na vila a base de leite e tona e na Feira de Santos.
Sendo Monterroso unha vila en que a artesanía ten unha grande importancia, o programa amosará o traballo dun artesán do coiro e dunha palilleira. Ademais, o concello é un paraíso para os amantes da pesca, por todos os ríos e regatos que atravesan Monterroso. Así, o “Aquí Galicia” estará nun couto onde se realiza pesca sen morte e solta de troitas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: