CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa do porco ao espeto e da cervexa

15/06/2015 23:15 h

O equipo de “Sopa de Festa” levará os espectadores este luns, a partir das 23.10 h., ata o concello pontevedrés de Salceda de Caselas. Os veciños da vila están de dobre celebración. Por un lado, exaltan a cervexa e por outro o porco ao espeto. 

Antigamente a vila resaltaba estes dous produtos en festas separadas, pero desde hai 3 edicións a organización decidiu xuntalas, creando así unha celebración con toque “galego – xermánico”, onde os pratos máis típicos de Alemaña, como as salchichas e o lomedro mesturaranse co porco ao espeto, e todo regado coa auténtica cervexa alemá.

Atopar capítulo por: