CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Festa do Peixe de Bande

13/06/2017 23:30 h

A Festa do Peixe de Bande, en Ourense, chega este ano á súa 46ª edición. O equipo do programa comparte unha xornada de troula cos seus veciños e as súas veciñas. 
Antes de mergullarse no ambiente festeiro, a reporteira Paula Señarís achégase ata o río Limia para falar cun pescador da zona que lle conta como foron os comezos desta celebración. Ademais, antes de probar os peixes, tamén visita as cociñas dun establecemento do lugar para preparar uns saborosos peixes pescados no río que atravesa a contorna.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: