CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Festa do Marisco do Grove

10/10/2015 16:30 h

Esta festa de longa tradición, que se vive desde 1963, converteuse en todo un evento gastronómico-cultural que atrae milleiros de amantes da boa mesa e da festa. 

Tanto é o balbordo e o reclamo turístico que xera neste municipio das Rías Baixas, que o equipo do “Aquí Galicia” non quererá perdelo e tanto Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña coma Juan Fuentes darán conta do ambiente desta cita, amais dos tesouros paisaxísticos da zona e da súa economía, todo isto regado con música variada e algunha que outra receita de cociña. 

No apartado gastronómico, “Aquí Galicia” interesarase pola elaboración dun dos produtos estrela desta festa, o mexillón, do que se ofrecerán diferentes receitas. Tamén se darán a coñecer outros produtos singulares como a orella de mar e a anemone. Amosarase tamén como é o proceso da recollida do mexillón desprazándose parte do equipo do programa ata unha batea e, para completar o seu coñecemento sobre o mundo do mar e das súas xentes, asistirá a unha lonxa, para falar cos mariñeiros, cos intermediarios e coas peixeiras na praza. 

Seguindo co mundo do mar, o espazo tamén realizará unha viaxe nun dos atractivos turísticos da zona, un catamarán co que se pode gozar das vistas dos fondos mariños. Por outra parte, entre os convidados desta edición, “Aquí Galicia” falará  con Cándido Mascato, autor de gran parte dos máis de 130 xogos que integran o proxecto “Xogos populares no Grove”. 

Atopar capítulo por: