CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Ferrol

18/03/2017 16:15 h

Ferrol prepárase para celebrar a Noite das Pepitas. Aquí Galicia instala a súa carpa no Cantón de Molíns, por onde pasa p xornalista e  músico  Xosé Luis Blanco Campaña.

As cámaras seguen o desfile que as diferentes rondallas da comarca realizan polas rúas da cidade. Dúas delas, a Rondalla Sonidos del Alba e a Rondalla Club del Campo, forman parte de elenco de actuacións do programa en que tamén participan o  Real Coro Toxos e Froles, a Orquestra Nueva York e o cantante venezolano, radicado en Narón, Ildemaro. Ademais, os integrantes da Rondalla Bohemios profundan na orixe desta formacións musicais e na tradición da Noite das Pepitas.

O programa lévanos a outros puntos e ambientes da cidade coma o barrio da Madalena, o Arsenal, o Obelisco de Churrusca ou o barrio de Canido, ornamentado polos murais urbanos inspirados nas Meninas de Eduardo Hermida. 

Podemos percorrer a ría de Ferrol na súa famosa lancha para recalar nos castelos da Palma e San Felipe, e na veciña vila de Mugardos, parte dun entorno natural privilexiado do que tamén forman parte a lagoa e a praia de Doniños. 

No apartado gastronómico, predomina o doce co tradicional bico das Pepitas, a torta de Ferrol, as cocadas ou o arroz con leite, pero tamén hai tempo para a cociña de autor coa presenza do chef Daniel López. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: