CRTVG

Buscar

Feito con cabeza

O inventor que nunca deixou de xogar

18/05/2019 19:20 h

Índice de contidos

02:08 O inventor que nunca deixou de xogar
26:18 A filloeira máis grande do mundo
44:35 O inventor da lingua trampitán

Feito con cabeza ten como obxectivo poñer en valor o talento das mentes creativas, tanto anónimas como recoñecidas, que desempeñan o seu traballo na nosa comunidade.

Mesturando a tecnoloxía de empresas punteiras na innovación cos inventos máis coitáns feitos por creadores anónimos para dar resposta a situacións domésticas, Feito con cabeza fusionará a Galicia máis urbanita coa máis rural.

Desde investigadores recoñecidos, como o vigués Xulio González, presidente e investigador principal do Centro Científico Tecnolóxico de Investigación Aplicada Teaxul, creador dunha báscula especializada en pesar obxectos en movemento baixo a auga, ata os máis anónimos, como Mariano Pombo, quen patentou en 2013 un aparello similar a un arado para arrancar as malas herbas sen esforzo e dunha maneira rápida e sinxela.

Todas as súas historias pasarán polo programa ofrecendo unha visión didáctica e á súa vez comprometida coa innovación e a tecnoloxía en Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: