CRTVG

Buscar

Vaia troula

Feira Medieval das Pontes / Romaría da Saínza

29/09/2013 22:30 h

O espazo “Vaia Troula”, co que os espectadores da TVG están a gozar das numerosas festas que se viven cada semana en Galicia, conducirá esta edición a súa presentadora, Nieves Rodríguez, cara ás Pontes de García Rodríguez, onde celebran nestes días a súa Feira Medieval. 

Como é costume, as reporteiras do programa, Alicia Lombán, Paula Señarís e Olaya Rivas, saudarán tamén os seguidores de “Vaia Troula” desde cadansúa celebración. En Rairiz de Veiga, Alicia Lombán será partícipe das festas da Nosa Señora da Mercé e da Romaría da Saínza, toda unha tradición secular, que se remonta ao 1840, á batalla entre as tropas mouras e as cristiás. A reporteira tamén se desprazará ata Celanova para vivir a procesión nocturna da Ramallosa, moi coñecida e vistosa, xa que centos de persoas  van detrás das charangas con faroliños de papel de cores alumeados con candeas, cantando e bailando.

Olaya Rivas dará a coñecer desde O Porriño as festas do Cristo da Agonía e, desde A Cañiza, a Romaría da Pena de Francia. 

A reporteira Paula Señarís acudirá nesta edición ata Viveiro, onde festexan o Curro de Candaoso. A festa de Santa Marta de Ponte Arnelas, en Vilanova de Arousa, completa as propostas do “Vaia Troula” desta semana. 

A música correrá a cargo das orquestras Ráfaga e Los Satélites. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: