CRTVG

Buscar

Alalá

Faustino Santalices

12/02/2008 22:05 h

Faustino Santalices é unha das grandes figuras da historia da música tradicional galega. Foi gaiteiro, zanfonista, artesán, cantante e compositor pero, sobre todo, é coñecido por ter rescatado do esquecemento a música da zanfona e por ser un dos grandes intérpretes deste instrumento.

Santalices foi o primeiro artesán que abordou a construción de gaitas e zanfonas dun xeito científico, cun espírito matemático que aplicou en todos os ámbitos da súa vida e que transmitiu ao seu fillo. Faustino fillo, que hoxe ten 85 anos, orientou toda a maña e capacidade de observación dos Santalices cara a unha brillante carreira como oftalmólogo, e foi testemuña privilexiada do saber de seu pai, a quen acompañou desde neno polos máis importantes escenarios.

Grazas á xenerosidade de Faustino fillo podemos achegarnos aos aspectos máis descoñecidos da figura de seu pai. Escoitaremos as súas antigas gravacións, veremos as ferramentas que empregaba no seu obradoiro de artesán, as gaitas e zanfonas que construíu e reparou, e achegarémonos a dúas vidas intensas, caracterizadas pola paixón por Galicia e a súa tradición musical: as de Faustino Santalices pai e fillo. Dúas persoas admiradas e loubadas polos bos coñecedores da música galega e tan polifacéticas que merecerían varios Alalás. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: