CRTVG

Buscar

Galicia On

Fármacos

04/08/2018 13:55 h

Se hoxe podemos curar certas enfermidades que no pasado constituían unha ameaza á vida humana é debido aos avances que se levan feito no descubrimento e mellora de fármacos. Galicia conta con iniciativas pioneiras que fan que os ollos da medicina internacional estean postos no noso país.
A primeira é a plataforma Innopharma, referente na investigación para o descubrimento de novos fármacos. Este grupo acaba de crear a Fundación Kaertor que, xunto con Gain e a empresa farmacéutica Janssen, lanzaron a iniciativa I2D2, a primeira incubadora de novos fármacos de España.
A segunda é Oncomet. Este grupo de investigación traballa nun dos campos máis prometedores do mundo da oncoloxía: o da biopsia líquida. Para conseguir financiamento fixeron o ano pasado unha campaña de micromecenado coa que conseguiron recadar 645.000 euros.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: