CRTVG

Buscar

Escoba!

Capítulo 80: Fantasmas

30/11/2013 22:00 h

 Milagros morre co sono, tanto que queda durmida no despacho de don Ricardo sen que ninguén se dea conta. Pola súa parte, Xulia suplícalle a Luís que lle deixe facer unha festa no bar e, ante a negativa deste, decide facerse cunha copia das chaves e facela ás agachadas.

 Milagros esperta sobresaltada de madrugada e decátase de que non está soa no centro, polo que chama a súa sobriña e as rapazas para darlle un bo susto que lle meta o medo no corpo a Xulia e escarmente.

 Conseguirán as amigas boicotear a festa de Xulia ou terminarán uníndose a ela? Que pensará don Ricardo da que está a montar a súa sobriña?

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: