Vivir aquí
Familias do rural
Este sábado o programa da TVG “Vivir aquí” vai amosar unha serie de reportaxes en que se analizan cinco familias que viven no medio rural. Por unha parte, os reporteiros coñecerán dous casos “de toda a vida”, que levan xeracións enraizadas no medio rural sen que ata o de agora non decidiran ir vivir a unha contorna urbana. As problemáticas de despoboamento, soidade e carencia de servizos son tal vez os inconvenientes máis comúns mentres que, por outra parte, o apego á terra, o contacto coa natureza e a falta de “stress” na vida diaria son quizais as mellores avantaxes. Pero hai moitos matices.
Por outra parte, coñeceranse en “Vivir aquí” tres casos de persoas que, coas súas familias, decidiron trasladarse ata o medio rural galego deixando atrás un mundo completamente diferente. A saúde e o abaratamento de custos son os valores máis salientables, mentres que, a falla de relacións sociais, quizais sexa o que boten máis de menos.