CRTVG

Buscar

Álbum de viaxe

Familia Couce Fernández

21/07/2018 19:40 h

A familia Couce Fernández, composta por sete membros, viaxa desde A Laracha, na Coruña, ata a Costa da Morte. O pai, Julio, queda a fin de semana na casa, mentres que Elvira, Cristina, Noelia, Tiago, Eva e Clara, de só catro anos, comezan a súa aventura na Carreira das Oliveiras do pazo de Santa Cruz de Ribadulla. A continuación, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado deste impresionante pazo, coma os seus xardíns, cheos de natureza e arquitectura, e asisten á romaría de Santa Cruz de Ribadulla.

En Dumbría, na compaña de Jesús, de Atlantis Adventure, coñecen a historia do Monte Pindo, e navegan en kayak aos pés da fervenza do Ézaro. A viaxe leva a familia á praia de Caldebarcos, onde procuran berberechos coas mariscadoras da Confraría do Pindo Mariño. Visitan o Miradoiro de Louredo, en Carnota, pasean pola Senda Verde e rematan a súa aventura no Conxunto de Hórreo e Pombal de Carnota. O concurso final é na carballeira dunha casa rural da zona.

Atopar capítulo por: