CRTVG

Buscar

Falámolo

Falámolo: Ser positivos para ser felices

14/06/2012 01:15 h

Partindo de diversos estudos psicolóxicos que apuntan a que o feito de ser positivo contribúe extraordinariamente ao éxito nos negocios, nos estudos, nas relacións interpersoais e na vida en xeral, e que o optimismo inflúe na saúde como un dos  motores principais para lograr a felicidade, o debate social “Falámolo” analiza a importancia deste factor, intentando entender o que significa “intelixencia emocional” e a influencia que exerce na vida de cada persoa.

    O debate, presentado por Victoria Rodríguez, intenta ofrecer pautas sobre como poder manexar e controlar mellor os nosos sentimentos na vida persoal, social e laboral, e para iso conta no estudio con distintos especialistas na materia, que son Concepción Cendón Dacosta, psicóloga clínica e xurídica, directora do centro de formación CODEX; Fernando Lino Vázquez, profesor de Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago, e Felipe García Rey, adestrador experto en desenvolvemento persoal e profesional.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: