Falámolo

Falámolo: o desafío de ser voluntario (25/01/2012)

26/01/2012 - 01:15 h
Compartir en Facebook

 Partindo da situación actual de crise na sociedade, o programa de debate social examina hoxe o papel do voluntariado,  un sector que move millóns de persoas en todo o mundo (100 millóns na Unión Europea e 40.000 en Galicia), que ten como principal obxectivo mover a conciencia dos cidadáns.

 Porque o voluntariado é unha fórmula poderosa de involucrar os cidadáns na construción dun mundo mellor e máis xusto, o programa, que presenta Victoria Rodríguez, recibirá no estudio convidados expertos na temática, María Paz, vicepresidenta coordinadora galega da ONG “Desenvolvemento”; Consuelo Revilla, vocal de voluntariado da ONG “Enxeñería sen Fronteiras”, e Manuel Garrido Valenzuela, cirurxián infantil, presidente da Asociación de Voluntarios I de Maio, que nos veñen falar do desafío que supón este movemento e do beneficio que achega ao conxunto da sociedade.

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.