Falámolo

Falámolo: mulleres maltratadas (12/10/2011)

13/10/2011 - 01:10 h
Compartir en Facebook

O debate social desta noite na Galega analizará o que xa é unha lacra social de primeira magnitude, a violencia física e psicolóxica contra as mulleres, que segue a ser un feito tan frecuente como difícil de detectar, a pesar da aprobación de leis específicas, as campañas de concienciación e o labor das múltiples organizacións que loitan contra o maltrato ás mulleres.

    O estudio de “Falámolo”, programa de debate social que presenta Victoria Rodríguez coa dirección de Francisco Rodil, deliberará esta noite sobre o maltrato ás mulleres no seo familiar e laboral, dos problemas que presenta a localización e tratamento deste tipo de violencia e dos medios de prevención e axuda que facilitan as distintas institucións e organismos, da man de convidados expertos na materia, como son Rosa Fontaíñas, coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais de Vigo contra os malos tratos; Begoña Riveira, directora do Centro de Emerxencia para Vítimas da Violencia de Xénero, e Jorge García Marín, doutor en Socioloxía e profesor da USC, que amais é integrante da Asociación Homes Galegos pola Igualdade.

 

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.