Facendo as Américas
Esther Goris (Bos Aires)
Nesta primeira entrega da segunda tempada de “Facendo as Américas” viaxamos ata Bos Aires para coñecer a Esther Goris, a actriz arxentino-galega que triunfa no cine latinoamericano e que aínda que nacida en Ezeiza (Bos Aires) se considera galega ao cen por cen. Cunha longuísima traxectoria fílmica, un dos seus papeis máis premiado foi o que interpretou no ano 1996 na película “Eva Perón”, dando vida á súa protagonista, Evita, unha das iconas máis vívidas e inesquecibles da Arxentina. O filme convertiuse nun fito importatísimo na carreira profesional da nosa convidada. Filla, neta e bisneta de galegos , tras morrer o seu pai, natural da Estrada, Ester Goris toma a decisión de contar a historia que narra o exilio dos seus país e cobra vida "Morriña", una homenaxe á emigración galega que foi rodada en Santiago de Compostela. Actriz de cine e de teatro, habitual nas series das canles de televisión, directora dun importante número de filmes e montaxes dramáticas, produtora e escritora, achéganos neste programa a súa especial relación con Galicia, a terra natal do seu pai e da súa nai, á que permanece íntimamente ligada.