CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Benito Blanco (A Arxentina)

21/08/2021 20:00 h

Un deses galegos chegado a Bos Aires, concretamente desde Alfonselle, en Lalín, a mediados do século pasado, foi Benito Blanco, un dos personaxes máis salientables da emigración galega. Aínda a día de hoxe garda unha forte vinculación emocional e afectiva coa avenida de Maio, o primeiro lugar que viu nada máis desembarcar no porto. Aquela gran rúa deixou unha pegada imborrable nel, ata o punto de que fixo da Avenida de Maio o seu principal alicerce vital. Alí comezou a traballar de camareiro con tan só 21 anos. Co tempo, a sede das súas principais e importantes empresas, tiveron tamén a súas oficinas na avenida de Maio.

Atopar capítulo por: