Á carta
-
Rolo de bonito estilo Burela e congo
Isabel visita Burela, o concello máis pequeno de Galicia, pero non o seu porto. Conta cunha das lonxas máis activas, que recibe pescada durante todo o ano, e é o porto de referencia para o bonito do norte nos meses de temporada.
-
As orolas á muradana e a tortilla romana
Isabel visita o concello de Muros, polo que as receitas van estar moi pegadas aos froitos de mar. Da súa ría van saír os chocos que cociña cun emigrante retornado dos EUA ao xeito muradán, pero os espectadores tamén poden ver de preto un marisco que se deixou de comercializar, pero que hai décadas quitou da fame moitos veciños de Muros: as orolas. A cociñeira do programa m
