Á carta
-
Capítulo 24: Separacións
Renata, Alicia e Mila case morren a causa dunha fuga de gas. Este accidente, causado por unha imprudencia de Renata, fai que a miuler estea a piques de perder á súa filla.
-
Capítulo 23: Problemas
Sofía e Lucía apuran con ilusión os últimos preparativos para abrir a inmobiliaria, ilusión que se ve ensombrecida por unha nova liorta entre Marta e Sofía a causa dunha herdanza.
-
Capítulo 22: Vidas de menos
Eva vai vivir con Aurora tras recibir unha nova malleira por parte do seu home. Chano pensa en marchar para unha residencia.
-
Capítulo 21: Sombras
Aurora recibe a visita da muller do seu curmán Rafael, unha visita que vai revelar unha cara descoñecida do seu curmán.
-
Capítulo 20: Proxectos
Lucía continúa co seu proxecto de negocio, Aurora está a preparar unha viaxe con Fernando e Sofía recibe a oferta dunha constructora para mercar a súa casa. Ademais, Roberto quere levar a Renata de vacacións.