CRTVG

Buscar

Á carta

  • Capítulo 1: Viúvas do mar

    Capítulo 1: Viúvas do mar

    Lucía, Marta, Sofía, Renata e Aurora aproveitan ao máximo o tempo cos seus homes, mariñeiros do Santoña, un barco de pesca. A vida destas mulleres vése truncada co naufraxio do barco, que deixa só un supervivente.

  • Casa das crechas

    Casa das crechas

    Dende Alalá propoñemos un xeito diferente de comezar as vacacións de Semana Santa: a foliada da Casa da Crechas. Neste afamado local da zona vella de Santiago celébrase cada mércores, desde hai 19 anos, unha festa musical improvisada á que calquera pode sumarse.

  • Os diplomáticos do acordeón

    Os diplomáticos do acordeón

    Hoxe estamos co grupo “Os diplomáticos do acordeón”, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, máis ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.

  • Os Estalotes

    Os Estalotes

    A música tradicional como divertimento, como festa, como algo espontáneo que hai que compartir para gozar dela intensamente. Esta podería ser a filosofía que define ós Estalotes, un grupo que naceu hai uns quince anos nunha das rúas con mais vida de Santiago de Compostela, na rúa de San Pedro.

  • O Fiadeiro

    O Fiadeiro

    Introducímonos nun dos ensaios da Asociación Folclórica “O Fiadeiro”. Unha asociación que nace en Vigo en 1995 e que agrupa a máis dun cento de mozas e mozos dispostos a investir talento e moito esforzo persoal neste proxecto.