Á carta
-
Capítulo 12: Fran contra Fran
Sebas está a probar un novo aparello, un xogo de fútbol de realidade virtual. Aínda que a proba está indo lonxe de máis. Fran non sae do seu asombro co realismo do xogo.
-
Capítulo 11: Gata negra
Ana pensa que Lucía non fai máis que atraer a mala sorte, e non lle falta razón, calquera que esté próximo a ela acaballe pasado algo.
-
Capítulo 10: O regreso de Peter Pan
Pedro, o pai de Sebas fuxe da casa e preséntase no apartamento, di non aturar a súa dona, pero en realidade o que pretende é ir de festa rachada cos rapaces.
-
Capítulo 9: Como debe ser
Sebas, que queda sen emprego temporalmente, precisa cartos e empeza a facer prácticas laborais con Diego. Pronto descubrirá que é un excelente vendedor de seguros.
-
Capítulo 8: Galician Gigoló
Sebas comeza a facer dieta obrigado por Ana, que tenta así coidar os niveis de colesterol do rapaz. Pero resistirse aos chourizos e ao raxo que lle manda Maruxa dende a aldea non vai ser doado.
-
Capítulo 7: San Martiño e o Río Kwai
Sebas recibe noticias da aldea: morreu o seu mellor amigo, o porquiño Lois. Pero Sebas non está moi seguro de como se produciu a morte do porco.
-
Capítulo 6: Amor en terceiro grao
Sebas mantén unha relación por chat cunha descoñecida. Todo vai ben ata que ela lle revela que é unha presidiaria, que está a punto de deixar a cadea e ir a coñecelo.