CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Estrasburgo

04/11/2013 22:30 h

    Situada ao leste de Francia, Estrasburgo é a capital e principal cidade da Alsacia. Desde a antigüidade foi un importante centro de comunicacións, especialmente fluviais, e alberga o segundo porto máis importante sobre o Rin, o río máis transitado do mundo.

    Esta cidade universitaria, cuxo centro histórico está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1988, é a segunda de Francia, despois de París, con maior movemento cultural.

    En Estrasburgo, "Galegos no Mundo" coñece a Rocío Fuentes, que chegou cos seus pais cando era moi pequena, pero que está desexando volver a Negreira. Con ela, o programa entra na catedral, visita a Petit-France, proba a típica choucroute e vai á Festa da Cervexa.

    O espazo da TVG tamén acode ao encontro de José Gallego, un empresario da Pastoriza de 60 anos co que os espectadores poden asistir a unha cata de viño e visitar a fermosa vila de Obernai; e da burelesa Andrea Barcia, que foi a Estrasburo como au pair, pero que agora traballa como tradutora en cruceiros polo Rin e o Sena.

    Ademais, O programa fai a visita máis institucional de Estrasburgo con Antonio Croques, que o deixou todo por amor e que nos amosa o Consello de Europa, o edificio dos Dereitos Humanos e o Parlamento Europeo. Finalmente, José Domínguez, de Salvaterra, que leva xa 31 anos na cidade, convídanos a un paseo en barca e a unha pequena festa no Centro Español de Colmar.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: