CRTVG

Buscar

Estache bo!

Torta fría de queixo e pitaia

22/11/2021 19:50 h

Ingredientes: 

 • Pitaia branca • Pitaia vermella • Menta

Para a base da torta: • 65 g de manteiga • 2 culleradas de azucre moreno • 175 g de galletas • 1 culleriña de canela en po • 1 presa de abelás Para a torta de queixo: • 1/2 litro de nata líquida para montar • 130 g de azucre • 2 sobres de callada en po • 300 g de queixo “mascarpone” • 1 cunco de leite

Para a marmelada de pitaia: • 300 g de pitaia vermellas • 200 g de azucre branco • Zume de medio limón

Elaboración: Torta tropical da mariña lucense. Facemos a base da torta derretendo manteiga. Mesturamos co azucre, as galletas e as abelás.

Nunha pota mesturamos o azucre e a callada coa leite morna. Engadimos o queixo, a nata e mesturamos ben. Incorporamos o queixo á base de galleta. Nunha tarteira cocemos a pitaia co azucre e un chisco de auga.

Engadimos o zume de medio limón e deixamos ata obter a textura desexada. Cubrimos con esta marmelada a torta, arrefriamos un par de horas, empratamos, e listo para comer!

Atopar capítulo por: