CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pescada con carabineiros

19/11/2021 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a José Manuel Míguez, xefe de cancha do “Porto de Celerio”, en Viveiro. Alí recollerá pescada para que Xoanqui Ameixeiras poda realizar a seguinte receita: PESCADA CON CARABINEIROS.

Ingredientes:  - 2 lombos de pescada - 6 carabineiros - Ceboliño fresco - Perexil fresco Para a salsa de carabineiros: - As cabezas dos carabineiros - 1 cebola - 1 cenoria - 2 dentes de allo - 1⁄2 allo porro - Sal e pementa - 1⁄2 copa de coñac - 1⁄2 litro de caldo de peixe - 1 cullerada de tomate concentrado

Para as patacas ao vapor: - 1⁄2 litro de caldo de peixe - 1⁄2 ducia de patacas pequenas - 3 cenorias pequenas - 1 ducia de feixóns verdes redondos ou planos

Preparación:

Cocemos ao vapor dun caldo de peixe de pescada as verduras e reservamos.

Nunha pota, cun chisco de aceite de oliva, marcamos as cabezas dos carabineiros, as verduras e flamexamos con coñac. Cubrimos co caldo da pescada e deixamos cocer 15 minutos.

Pasamos esta salsa polo brazo batedor e polo coador chinés. Incorporamos todo a unha tarteira e cocemos a lume baixo ata obter o espesor desexado. Nunha prancha marcamos a pescada previamente salpementada e aceitada.

Marcamos os carabineiros, empratamos co mollo e as verduras e listo para comer!

Ademais, Isa Villanueva visitará o set de Estache Bo! para contarlle a Xoanqui un novo #veciconsello: Como limpar cristais cunha pataca!

Atopar capítulo por: