CRTVG

Buscar

Estache bo!

Arroz ao forno de ósos de peixe sapo

29/06/2020 11:00 h

Ingredientes:

1 quilo de ósos de peixe sapo, 1/2 quilo de berberechos, 1 cunca de arroz, 1 allo porro, 1 cunca de chícharos, 2 tomates relados, 2 dentes de allo, 1 cullerada de ñora, 3 cuncas de caldo de peixe, 1 fígado de peixe sapo, 1 torrada de pan, aceite de oliva e sal.

Elaboración:

Abrimos os berberechos ao vapor e reservamos. Nunha tarteira douramos o fígado do peixe sapo ao allo. Retiramos e machucamos cunhas pedras de sal. Marcamos os ósos e reservamos. Engadimos o allo porro e o tomate. Rustrimos e metemos a polpa de ñora, o arroz e remexemos. Incorporamos os ósos, os chícharos e o caldo. Cocemos 10 minutos no lume. Incorporamos os berberechos e enfornamos dez minutos mais. Empratamos e témolo listo para comer!

Atopar capítulo por: