CRTVG

Buscar

Estache bo!

Cachopo de vaca con queixo tetilla

13/05/2022 19:50 h

Ingredientes:

Para o cachopo: 8 filetes de vaca 300 g de entreteto en liscos finos 300 g de queixo de tetilla en liscos Ovos e pan relado Para a ensalada de tomates: 4 tomates de distintas variedades 1 cebola morada Alfábega Vinagre de ribeiro Sal e AOVE

Elaboración:

Machucamos os filetes coa axuda dun mazo de cociña. Poñemos un filete de base para cubrilo con xamón e queixo. Tapamos con outro filete. Machucamos os filetes coas mans, salpementamos e pasamos por ovo e pan relado. Fritimos os cachopos de un en un para que non perda temperatura o aceite. Para a ensalada, cortamos os tomates, a cebola e as follas de alfábega. Aliñamos con AOVE, vinagre do ribeiro e sal. Para rematar a receita servimos os cachopos xunto coa ensalada. 

Atopar capítulo por: