CRTVG

Buscar

Estache bo!

Estufado de chocos e ameixas

07/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

• Chocos frescos da ría • 1 cebola grande moi picada • 3 patacas • 1/2 pemento vermello • 2 dentes de allo • 1 culleriña de pemento doce • 1 folla de loureiro • 1 cenoria • 1 cunca de chícharos Para a tixola de ameixas: • A cabeza dun choco • 1/2 kg de ameixa fina ou babosa • Allo e perexil moi picado • Aceite de oliva • 1 cunca de viño branco

Elaboración:

Rustrimos moi ben as verduras, engadimos o viño, deixamos cocer cinco minutos e trituramos. Nunha pota cun chisco de aceite de oliva e unha folla de loureiro marcamos moi ben o choco, preocupándonos de que perda o mínimo de vapor. Incorporamos o choco ao rustrido. Engadimos as patacas, a cenoria e os chícharos. Botamos un chisco máis de viño, tapamos a tarteira e deixamos cocer 25 minutos máis. Nunha tixola co fondo de aceite de oliva, fritimos o allo e o perexil e abrimos as ameixas ao vapor. Incorporamos estas ameixas á tarteira dos chocos, deixamos cocer todo xunto 3 minutos máis, empratamos e listo para comer.

Atopar capítulo por: