CRTVG

Buscar

Estache bo!

Cachucha de porco acaramelada

06/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para a cachucha: - 1⁄2 cachucha cocida - 1⁄2 cunca de salsa de soia - 2 cullerada de aceite de oliva - 1 cullerada de vinagre de balsámico - 1 cullerada de aceite de sésamo - 2 culleradas de mel - 2 culleradas de viño porto - 1 culleriña de maicena

Para as patacas: - 1⁄2 ducia de patacas pequenas - 2 dentes de allo - 1 cebola - 1⁄2 sobre de azafrán en po - Sal e pementa - 2 culleradas de viño branco - 1 cullerada de vinagre de mazá - 1 cullerada de perexil fresco

Elaboración:

Cocemos a cachucha en abundante auga durante unha hora e media e reservamos. Nunha tarteira con aceite de oliva rustrimos as patacas cortadas en liscos e incorporamos a cebola e o allo. Pasamos todo a unha fonte de forno e engadimos o vinagre, o viño, o azafrán, o perexil, o sal e a pementa. Asentamos a cachucha cocida enriba das patacas. Nun cunco mesturamos os ingredientes para acaramelar a cachucha e buscamos o espesor desexado. Pintamos ben a cachucha, enfornamos e listo para comer! 

Atopar capítulo por: