CRTVG

Buscar

Estache bo!

Espetadas de salmón en mollo de limón

03/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para o mollo de limón: • Zume de 2 limóns • 2 xemas de ovo • 80 g de manteiga • 300 ml de caldo de verduras • 1 cullerada de fariña de trigo • 1 culleriña de xenxibre relado • 1 dente de allo • 1 culler de ceboliño moi picado • Sal Para a espetada: • 1 lombo de salmón • 1 ducia de tomates cereixa • 1 pemento verde • 1 cebola • Aceite de oliva • Sal e pementa Para a ensalada: • 2 follas de leituga • 1 cunca de eiruga • Sal • Pementa • Aceite de oliva • Vinagre

Elaboración:

Para facer o mollo derretemos a manteiga. A lume moi baixo rustrimos o allo e o xenxibre relado. Incorporamos a fariña, cocémola un par de minutos e engadimos o caldo. Facemos 10 minutos máis. Cando arrefríe incorporamos o limón mesturado coas xemas do ovo. Ligamos a salsa e reservamos. Montamos os espetos, salpementámolos e marcámolos na prancha. Empratamos os espetos co mollo e unha ensalada, e listo para comer.

Atopar capítulo por: