CRTVG

Buscar

Estache bo!

Guiso de bacallau con salsa de froitas con curry

02/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

• 3 culleradas de salsa de froitas con curry • 300 g. de migas de bacallau • 1 cebola pequena • 1 dente de allo • 1 allo porro • 1 cenoria • 1 litro de caldo de peixe • Sal e pementa • Aceite de oliva • 1 cunca de fabas verdes • 3 patacas • 1 culler de azafrán en po

Elaboración:

Nunha tarteira rustrimos as migas e reservamos. Incorporamos a cebola, o allo e o allo porro. Rustrimos moi ben e batémolas axudándonos co caldo. Embarcamos na tarteira as patacas co azafrán, a cenoria, as migas de bacallau, as fabas, o mollo, o caldo e a salsa de froita con curry. Cocemos ata que a pataca estea brandiña. Empratamos e listo para comer.

Atopar capítulo por: