CRTVG

Buscar

Estache bo!

Sopa de congro

23/11/2021 19:50 h

Ingredientes:

- 2 anacos de congro sen espiñas - Pementa negra - Aceite da allada - Ceboliño - 1 presa de arroz - 4 dentes de allo - 1 culler de pemento doce Para facer o caldo: - A cabeza e as espiñas dos lombos do congro - 1 cebola - 1 allo porro - 1 cenoria - 1 cullerada de tomate concentrado - Perexil fresco - 1 folla de loureiro

Elaboración:

Nunha pota rustrimos moi ben o congro e incorporamos a cebola, o allo porro, a cenoria, o perexil, o loureiro e a cullerada de tomate concentrado. Rustrimos durante 5 minutos e engadimos auga. Salpementamos e deixamos cocer 20 minutos a lume medio. Nun cazo facemos unha allada e reservamos. Nunha prancha marcamos o congro previamente salpementado, esmiuzámolo e incorporámolo á sopa. Empratamos cunhas pingas de allada e listo para comer. 

Atopar capítulo por: