CRTVG

Buscar

Estache bo!

Ensalada de escarola con bonito

22/02/2021 19:50 h

Ingredientes:

• 1 ESCAROLA • 1/2 DUCIA DE OVOS DE PASPALLÁS • LOMBOS DE BONITO EN TARRO • 6 TOMATES CEREIXA PARA O ALIÑO: • AOVE • 1 CULLERADA DE ACEITE DO BONITO • 1 CULLERADA DE VINAGRE • 1 CULLERADA DE ZUME DE LIMÓN • 1/2 CEBOLA VERMELLA • A XEMA DUN OVO DE PASPALLÁS COCIDA • SAL E PEMENTA PARA AS TORRADAS DE PARMESANO: • 1/2 BARRA DE PAN DO DÍA ANTERIOR • 1 DENTE DE ALLO • 1 CULLERADIÑA DE PEMENTO PICANTE • 1 CULLERADIÑA DE OUREGO • AOVE • 1 CUNCA DE PARMESANO RELADO • SAL E PEMENTA

Elaboración:

COCEMOS OS OVOS DE CODORNIZ E RESERVAMOS. NUN CUNCO MESTURAMOS O ALLO, O PEMENTO PICANTE, OUREGO, SAL, PEMENTA, O ACEITE DE OLIVA E O PARMESANO. PINTAMOS O PAN E ENFORNÁMOLO. NOUTRO CUNCO MESTURAMOS ACEITE DE OLIVA, O ACEITE DO BONITO, VINAGRE, O ZUME DE LIMÓN E A PEMENTA, E POÑEMOS A CEBOLA VERMELLA A CURTIR NESTE ALIÑO. EMPRATAMOS COS TOMATES CEREIXA, AS TORRADAS, OS OVOS, O ALIÑO E LISTO PARA COMER…!!!

Hoxe Rafa Durán visitará en Paderne, A Coruña, a Mónica Malvido, propietaria e agricultora de Seitura, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a escarola.

Atopar capítulo por: