Estache bo!
Roupa vella de bacallau con salsa de tomate
Ingredientes:
1/2 quilo de migas de bacallau desalgado, fariña e ovo para o rebozado, 3 patacas, 1 cebola, 1 dente de allo, 1/2 pemento verde, 1/2 pemento vermello, 1 folla de loureiro, 500 grs. de salsa de tomate, 1 cunca de caldo de peixe, 2 patacas, 200 grs. de garavanzos cocidos, 2 ovos cocidos, sal, aove.
Elaboración:
Nunha tarteira friximos as patacas, retiramos parte do aceite para sofrixir o bacallau pasado por fariña e reservamos. Incorporamos as verduras, rustrímolas e engadimos o tomate, o bacallau e a pataca. Corriximos a salsa co caldo de peixe e deixamos cocer 4 minutos.. Empratamos co ovo cocido e listo para comer!.
Hoxe, Rafa Durán visitará en Cambre, A Coruña a Paula Patiño, propietaria de Acastrexa, quen nos falará do produto estrela de hoxe: conserva natural de salsa de tomates autóctonos.