CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tempura de verduras e navallas en conserva

12/01/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 lata de navallas ao natural, 1/2 pemento verde, 1/2pemento vermello, 1 cenoria, 1 allo porro, allos tenros, espárragos verdes. Para a tempura: 1 ovo, 150 grs. de fariña de trigo 250 ml de auga con gas case xeada, sal e pementa, po de algas secas, 1 cullerada de sementes de sésamo. Para a salsa tártara: 1 ovo, 1 culleradiña de sal, 200 ml de aceite de xirasol, 1 cullerada de alcaparras, 1 cullerada de cogombriño moi picado, 2 culleradas de cebola branca moi picada e 1 ovo cocido.

Elaboración:

Preparamos a salsa tártara cunha maionesa, que mesturamos con alcaparras, cogombriño e cebola, ovo cocido e mostaza. Nun cunco moi frío, botamos a fariña de trigo, a xema de ovo, as algas, as sementes e a auga con gas moi fría. Facmos os atados de verdura coa navalla en conserva. Pasamos os atados pola tempura e friximos. empratamos e listo para comer.

Hoxe, Rafa Durán visitará en Vilagarcía de Arousa, Javier Alonso, O Director Xeral de Portomar, quen nos falará do produto estrela de hoxe: as navallas.

Atopar capítulo por: