CRTVG

Buscar

Estache bo!

Arroz con romanesco

11/01/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 romanesco, 250 grs. de arroz, 1 chourizo vermello, 1 cebola, 1 tomate sen pel, 1 dente de allo, 6 ovos de paspallás, sal, aove, 1 litro de caldo de polo.

Elaboración:

Rustrimos a cebola e o allo, incorporamos o chourizo e o tomate. Torramos moi ben e engadimos o arroz, o caldo e o romanesco ben limpo. Cando falten cinco minutos incorporamos os ovos, empratamos, e listo para comer.

Hoxe, Rafa Durán visitará Malpica, A Coruña, a Víctor Suárez, o agricultor e propietario do Colectivo Xebre, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o romanesco.

Atopar capítulo por: