CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tacos de tenreira e chourizo

19/11/2020 19:55 h

Ingredientes:

2 chourizos, 1/2 quilo de agulla de tenreira cocida, 1 cebola branca, 1 cebola vermella, 2 culleradas de tomate frito, 1 leituga, 2 chiles e 2 tomates.

Elaboración:

Cocemos a carne de tenreira, facemos fíos con ela reservamos. Nunha tixola rustrimos a cebola moi picadiña, incorporamos o chourizo desmiuzado e rustrimos ben. Deseguido, o tomate relado e 2 culleradas de tomate concentrado. Empratamos os tacos cunha leituga, a carne de tenreira, a salsa de chourizo e cebola fresca en xuliana. Empratamos… e listo para comer!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Ribeira, A Estrada, a Carlos Carollo, o propietario de Embutidos San Martiño, que nos falará do produto estrela de hoxe: o chourizo.

Atopar capítulo por: