CRTVG

Buscar

Estache bo!

Salpicón de peixe

18/11/2020 19:55 h

Ingredientes:

1 escarapote, 1 quilo de mexillóns, 8 lagostinos, 2 ovos, 1 cebola vermella, 6 tomates cereixa, 1 rama perexil, 1/2 pemento verde, 1/2 pemento vermello, olivas e alcaparras, sal, pementa, vinagre e aove.

Elaboración:

 Cocemos os mexillóns e o peixe ao vapor e reservamos xunto coa súa auga de cocción. Cocemos os ovos e os lagostinos. Nun cunco mesturamos a cebola, os tomates, os pementos, as alcaparras, as olivas, as claras dos ovos, os lagostinos en anacos e os mexillóns. Facemos unha vinagreta ca xema dun ovo, aceite de oliva virxe extra, vinagre branco, pementa e dúas culleradas do caldo resultante da cocción do peixe e dos mexillóns. Empratamos ca cabra de altura por riba, aliñamos e listo para comer…!!!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Callobre, A Estrada, a Elvira Blanco, a propietaria de Aceite As Besadas, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o aceite de oliva.

Atopar capítulo por: